PROGRAMA DE DIFUSIÓN
Campaña «Un de Cada Cinco»
Poñendo os lentes trátase dun proxecto de difusión da Campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia “Un de Cada Cinco”en centros de ensinanza de Educación Infantil, Primaria e Especial de Galicia.
¿Cómo xurde a idea?
As cifras falan por si mesas: diversos estudios europeos, así coma as estatísticas presentadas por UNICEF e pola OMS entre outras organizacións, estiman que 1 de cada 5 menores son vítimas de violencia sexual en Europa. Galicia non é unha excepción, e a asociación AMINO.Gal nace co obxectivo último de que esas cifras diminúan. Para iso queda un longo camiño por diante, no que sen dúbida un dos primeiros pasos consiste en traballar na PREVENCIÓN e DETECCIÓN.
Polo que a idea de levar a campaña “Un de Cada Cinco” ao máximo número posible de centros de ensinanza galegos leva xestándose na asociación AMINO.Gal dende a súa conformación no ano 2014. Esta idea xurde da imperiosa necesidade de formar ás actuáis mestras e mestres que están en contacto a diario con decenas de nenas e nenos, co obxectivo de darlles as ferramentas necesarias para que sexan capaces de detectar e previr o abuso sexual infantil entre as súas alumnas e alumnos. De aí o lema da nosa asociación e o título deste proyecto: “poñer os lentes para a protección”, poder ver para protexer.
E por fin… Comezamos!!
En 2018 gracias á financiación da Xunta de Galicia e a colaboración das 3 Universidades galegas se materializa o arranque dun gran proxecto sen precedentes en España: levar a campaña 1 de cada 5 a tódolos centros centros educativos de Galicia.
Conclúe a II Edición de Poñendo os Lentes
Rematamos esta edición do Programa Poñendo os Lentes. Foi moita a ilusión depositada neste fermoso proxecto e aínda que as condicións deste curso nos fixeron modificar a metodoloxía e refacer o programa case dende 0, estamos moi orgullosas co resultado. Gracias a...
Segunda xornada presencial de formación do voluntariado
O próximo sábado 1 de febreiro celebraremos a segunda xornada presencial de formación do voluntariado en Santiago de Compostela. Lugar: Edificio Docente Novoa Santos (pertence ao Hospital Clínico Universitario de Santiago e está xusto ao lado) Dirección Rúa da...
Información básica sobre protección de datos
Responsable: AMINO.Gal. Finalidad: Responder a su consulta. Legitimación: Consentimiento del interesado. Destinatarios: AMINO.Gal. No se cederán datos a terceros, salvo obligación legal. Derechos: Acceso, Rectificación, Cancelación, Oposición, Olvido y Portabilidad de los datos. Información Adicional: Politica de Privacidad.