Descrición do proxecto
Destinatarios
Directos:
- 1ª Fase. Curso 2018-2019: O profesorado de tódolos centros de ensino infantil, primario e especial, tanto públicos coma privados das cidades de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo.
- 2ª Fase. Curso 2019-2020: O profesorado de tódolos centros de ensino infantil, primario e especial, tanto públicos coma privados das cidades de Ferrol, Santiago de Compostela e Pontevedra.
Indirectos:
O alumnado dos devanditos centros educativos e as familias.
Estímanse aproximadamente uns 364 colexios, 8000 profesores/as, e uns 163800 nenos/as acadados, ademáis estimamos que uns 40949 proxenitores.
Obxectivos
Xerais
- Concienciar e sensibilizar ao profesorado e as familias sobre o abuso sexual infantil na nosa sociedade.
- Proporcionar ferramentas de prevención ao profesorado, alumnado e ás familias.
- Proporcionar ferramentas de detección ao profesorado e ás familias
Específico
- Dar a coñecer a mensaxe e os materiais da campaña do Consello de Europa “Un de cada Cinco”.
Recursos humanos
Persoal coordinador da zona norte e zona sur:
Funcións
- A persoa coordinadora ou equipo de coordinación de cada zona dirixirá o proxecto na súa zona e será responsable da súa execución.
- Planificará unha axenda de reunións periódicas ao longo do desenvolvemento do proxecto coas persoas voluntarias da súa zona de maneira que promova o sentido de traballo en equipo e facilite o seguimento.
Personal voluntario zona norte e zona sur
Funcións
- Presentar a campaña nos colexios que lle sexan asignados.
- Cumprimentar os formularios de indicadores para a memoria e avaliación final.
- Dar contas de calquera incidencia á súa coordinadora.