Máis de 100 centros educativos das cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo participarán este curso no Programa Poñendo os Lentes. Estamos encantadas co interese demostrado por tantos e tantas profes en formarse para saber detectar e prevenir o abuso sexual infantil entre o seu alumnado.
O pasado martes día 12 de febreiro se realizou a primeira charla do Programa no CEIP de Coutada-Beade, en Vigo. Agradecemos moitísmo a participación do profesorado, e por suposto o compromiso e a implicación dos nosos voluntarios Alberto e Paula. Sen eles, coma sen tantos outros cos que contamos (case cen!), este gran proxecto non sería posible. Grazas!!!